gústame 0

Propostaensaia × Miraveo · A Coruña

A Verbegala de ensaia 2027

Unha gala verbeneira.

Mantemos o que importa —o recoñecemento, os discursos, a Bolsa ensaia— e collemos das verbenas o que mellor fan: xuntar a comunidade, sentar á mesa e celebrar sen présas.

01

02Por que cambiar

Somos xente próxima.

un

Finalistas con nervios

O escenario e a solemnidade pesan. Queremos que a súa noite se viva como unha celebración.

dous

Reducir protocolo

Moitos discursos seguidos e un público sentado en filas que mira, pero que case non participa nin conversa.

tres

Pouco tempo para falar

A comunidade de ensaia vén para coñecerse. A gala é a noite do ano en que máis xente se xunta, e queremos aproveitala.

02

03O concepto

Nin gala, nin festa: verbegala.

Da gala collemos o recoñecemento, os discursos e a emoción. Da verbena, a mesa longa, a música e o cartel.

En Galicia, a verbena é a forma máis nosa de xuntar a comunidade. A Verbegala é un híbrido: sobria e chea de valor coma unha gala, próxima e relaxada coma unha verbena.

o que gardamos

Gala

  • Os discursos
  • A entrega da Bolsa ensaia
  • O recoñecemento ás finalistas
  • A emoción e o coidado

o que traemos

Verbena

  • A mesa longa e a conversa
  • Música, foliada e baile
  • O cartel e o programa de festas

o resultado

Verbegala

  • Unha noite con ritmo
  • Menos presión, máis comunidade
  • Unha cita á que apetece volver
  • Moi ensaia: xenerosa, en común
A nubeo equipo de ensaia, que traballa para que chova
As pingasas persoas doantes que sosteñen a bolsa
As sementesfinalistas, bolseiras e mocidade
O micelioa rede que as conecta
O bosqueo futuro de Galicia

…e a verbegala é o día en que todo o bosque se xunta no torreiro.

03

04Obxectivos

O que buscamos.

un

Que as persoas finalistas desfruten da súa noite.

dous

Un concepto próximo, xeneroso e en común.

04

05A mesa

8 cuncas na mesa.

Oito persoas finalistas, oito cuncas na mesa. Todas sentadas coa súa comunidade. Cada cunca levará unha pinga azul debuxada e será o obsequio-trofeo de cada finalista.

Fotografía antiga en branco e negro, vista desde arriba: mesa longa con oito cuncas, tarxetiñas para os nomes e unha bica no centro

unha cunca por
cada finalista

a bica no medio,
para compartir

o nome de cada quen
nunha tarxetiña

palliños e
conversa

05

06O importante

O que non perdemos.

Cambia a forma, non o fondo. A verbegala segue sendo o acto máis importante do ano para ensaia.

1

Os discursos

Seguen tendo o seu momento, coidado e en silencio. Só máis curtos e mellor colocados na noite.

2

O valor da gala

O recoñecemento ás oito persoas finalistas e a entrega da Bolsa ensaia seguen no centro.

3

Non é unha festa

É unha verbegala: unha gala verbeneira. Sobria cando toca, festeira cando apetece.

Non é unha festa… é unha gala verbeneira!

06

07As ideas

As ideas, unha a unha.

Cada tarxeta é unha idea, co seu custo aproximado e a fase. Preme «Gústame» nas que vos convenzan: quedan gardadas neste navegador e ao final podedes enviárnolas. E se tedes unha idea propia, contádenola aquí abaixo e enviádenola.

preme a pinga nas que vos gusten

e ti, que idea traes á festa?

Escribe a túa proposta e chegaralle directamente ao equipo de ensaia. Non se publica na web.

07

08O espazo

Miraveo, en festas.

A sala de Miraveo na Coruña xa ten un escenario que mira ao centro. Só hai que vestila de torreiro: luces, lazos, mesas longas e unha alfombra azul.

Escenario de Miraveo con lazos azuis e brancos e luces que van cara ao centro

Luces e lazos
do perímetro ao
centro do escenario

O torreiro:
o escenario no
centro de todo

Mesas longas
diante do escenario,
en vez de filas

A alfombra azul
desde a entrada

08

09Propostas gráficas

Como se vería.

Os elementos da verbegala, un a un e soltos, para imaxinalos antes de montalos. Imaxes de referencia, non deseños finais.

Cunca de cerámica branca
01A cunca, unha por persoaa da mesa longa
Anaco de bica
02A bica, para compartir
Cartón de bingo de ensaia con pingas como marcadores
03O cartón do Bingo á Feiracoas pingas de marcador
Filloa dobrada
04A filloa do tícket de entradaquentiña, a valorar
Paraugas aberto
05Os paraugas colgados do teitoa nube de ensaia
Tira de bombillas
06As luces de verbenareutilizables cada ano
Pandeireta
07A pandeireta da foliada finale veña festa!
Lazos de raso
08Os lazos ata o centro do escenarioen azuis, cian e lila
Alfombra enrolada
09A alfombra azul de ensaiano canto da vermella
09

10O cartel

Vémonos no torreiro.

Un cartel de festas de aldea de toda a vida —«Grandes festas», «Programa de actos», «Actuarán…», «Organiza a comisión»— reescrito coa identidade de ensaia.

Aínda non hai cartel: o definitivo deseñarase máis adiante. De momento, só o logo e as actividades da noite, como primeira idea.

E veña festa!

10

11Por fases

Pinga a pinga, sen présa.

Case sen orzamento, así que imos por fases: primeiro o que non custa nada e máis se nota; despois o que podemos conseguir prestado ou doado; ao final, o que depende da sala ou dun apoio extra.

Escolledes as ideas que vos gustan nesta páxina e nolas enviades.
Validamos con Miraveo espazo, mobiliario e puntos de ancoraxe.
Concretamos guión, escaleta e quen fai que na comisión de festas.
Deseñamos cartel e programa definitivos e… e veña festa!

Os niveis de custo son orientativos (sen custo · baixo · medio) e non inclúen prezos: concretaranse con orzamentos reais.

11

12A vosa escolla

0

ideas marcadas con «Gústame».

Enviar a arte@ensaia.com